Coro de Esclavos Hebreos (Nabucco) de G. Verdi

video

Non somos nós (xa nos gustaría...), pero casi... casi...

Concerto Presentación

O Coro "Ecos do Folón" de Fornelos (O Rosal) vai facer a súa presentación oficial ante todo o público en datas navideñas, o vindeiro día 26 de decembro na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, as 8 da tarde.

Alí presentarán as súas mellores galas apadriñados pola Coral Polifónica de Atios, así como pola Coral Polifónica de A Cañiza.


¡¡¡ ESTADES TODOS INVITADOS !!!

Concerto de Nadal en Loureza

O Coro "Ecos do Folón" realizará un concerto de nadal en Loureza o vindeiro día 2 de xaneiro de 2010 as 8 da tarde.
O acto celebrarase na antigua Abadia. A entrada é libre.

Festival de Villancicos en Viladesuso (Oia)

O Coro "Ecos do Folón" está invitado a participar no Festival de Villancicos organizado pola Coral Polifónica Vagalume de Oia que se celebrará en Viladesuso (Oia) o vindeiro 3 de xaneiro de 2010 pola tarde (a hora exacta está por confirmar).
Esperamos ver a tódolos seguidores do noso coro alí para apoiarnos.